Bioloxía Celular e Molecular

O Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Universidade da Coruña agrupa todos os docentes e investigadores pertencentes ás áreas de Bioloxía Celular, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Xenética e Microbioloxía.
A docencia que o departamento ten baixo a súa responsabilidade abrangue as materias de licenciatura e grao na Facultade de Ciencias e nas Escolas Universitarias de Fisioterapia e de Enfermaría e Podoloxía dentro das áreas que o forman. As actividades docentes do departamento complétanse con programas de doutoramento destinados á formación dos titulados dentro do ámbito da investigación e con mestrados coma os de Acuicultura, Bioloxía Celular, Molecular e Xenética ou Neurociencias.
A actividade investigadora dos membros do departamento constitúe un elemento prioritario para a consolidación da súa calidade científica. A dita actividade plásmase dentro dos grupos de investigación en que se estrutura o departamento (EXPRELA, GIBE, MICROALGAE, NEUROVER e XENOMAR) e na colaboración doutros grupos de investigación.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal