Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía

O Departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía nace coa Universidade da Coruña en 1990. Desde o seu inicio adscríbese á Facultade de Ciencias. Este Departamento agrupa os docentes e investigadores da Universidade da Coruña pertencentes ás áreas de Botánica, Ecoloxía, Fisioloxía Vexetal e Zooloxía.
O Departamento aposta por unha docencia de calidade, que ten o seu reflexo nas materias impartidas polos profesores deste Departamento, que abranguen a Licenciatura e o Grao en Bioloxía, os doutoramentos de Bioloxía Ambiental e Bioloxía Mariña e Acuicultura, e varios mestrados oficiais. A investigación fundamental e aplicada que levan a cabo os membros do Departamento constitúe tamén un elemento esencial da súa actividade.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal