Credit: Wellcome Library, London. The refurbishment (or building) of a Lock Hospital

Biblioteca Digital Mundial (World Digital Library): ofrece tesouros culturais de todo o mundo que inclúen, pero non se limitan a, manuscritos, mapas, libros pouco comúns, partituras musicais, gravacións, películas, gravados, fotografías e debuxos arquitectónicos. Os artigos da Biblioteca Digital Mundial pódense explorar de maneira sinxela por lugar, época, tema, clase de artigo e institución colaboradora, ou poden localizarse mediante unha busca aberta, en varios idiomas.

Biblioteca Nacional Digital (BND). Integrada na infraestrutura xeral de servizos da Biblioteca Nacional de Portugal, ofrece en linha e de forma gratuíta cerca de 25.000 documentos.

Biblioteca Virtual WWW: o catálogo máis antigo da Web, iniciado por Tim Berners-Lee e mantido polos voluntarios do Council of the VL, organiza nunha estrutura de directorio as ligazóns clave seleccionadas por expertos. Aínda que non é o maior índice da Web, as súas páxinas son recoñecidas entre as mellores guías de seccións concretas da WWW.

CIA World Factbook: proporciona información sobre historia,  xente, goberno, economía, xeografía, comunicacións, transporte, asuntos militares, e custión transnacionais de 267 entidades do mundo.

Data.gov: conxunto de datos abertos  e dispoñibles gratuítamente para a súa descarga e uso. Moitos dos conxuntos de datos son visibles a través de mapas interactivos

DPLA: Digital Public Library of America

Europeana. Proxecto de cooperación internacional de bibliotecas nacionais de varios países, para potenciar o desenvolvemento da sociedade da información e mellorar a dispoñibilidade internacional dos recursos dixitais.

Galiciana: é a Biblioteca Dixital de Galicia impulsada pola Conselleria de cultura , Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e xestionada pola Biblioteca de Galicia, coa misión de difundir e preservar o rico patrimonio documental e bibliográfico galego.

Hindawi edita máis de 400 revistas de acceso aberto con revisión por pares que abarcan tódalas áreas da ciencia, tecnoloxía e medicina, e algunhas áreas de ciencias sociais.

Hypotheses: plataforma de blogs de investigación en ciencias sociais e humanidades.

PLOS blogs: A PLOS Blogs Network componse de dous tipos de blogs: os seis escritos por editores ou persoal das revistas de PLOS, e outros independentes hospedados na plataforma.

Project MUSE: libros e revistas electrónicos de humanidades, ciencias e ciencias sociais das principais editorais universitarias e sociedades científicas

Scholarpedia: enciclopedia de acceso aberto e revisada por pares (coñecemento introducido por comunidades de expertos).

ScienceBlogs: rede de blogs creada polo Seed Media Group en 2006 para mellorar a comprensión da ciencia polo público. Contén máis de 60 blogs elaborados por autores seleccionados pola súa orixinalidade, competencia e dedicación. Proporcionan cobertura actualizada dos seus respectivos campos científicos.

UNdata: a División de Estatística das Nacións Unidas (UNDS) do Departamento de Asuntos Económicos e Sociais (DAES) puxo en marcha este servizo de datos para proporcionar libre acceso ás estatísticas mundiais.

WolframAlpha : buscador de coñecemento

Máis información