INGeBOOK

Acceso

Información:

  • Materia: multidisciplinar (subscrición a Economía)
  • Contido: plataforma de libros electrónicos en español (fundamentalmente manuais universitarios) para estudantes. Actualmente a Biblioteca da UDC está subscrita a 8 libros da área de Economía, pero a plataforma tamén da acceso libre a libros doutras materias. Por tanto, poderanse visualizar e consultar tanto os libros adquiridos pola biblioteca como os de acceso libre. Permite a consulta online dos documentos pero non se poden descargar.
    É posible realizar consultas, participar en foros, engadir notas, ter un espazo persoal onde organizar libros como favoritos, etc., para o que será necesario rexistrarse.
  • Idioma: español
  • Termos de uso: a Biblioteca da UDC dispón dun número ilimitado de licenzas, é dicir, non hai un límite de usuarios concorrentes

Axuda:

Videotitorial