RefWorks: xestor de bibliografías

Información sobre o período de transición da antiga á nova versión

Actualmente o xestor bibliográfico Refworks atópase nun período de transición cara a unha nova versión. Durante dito periodo, as dúas versións de RefWorks coexistirán.
É importante destacar que:

  • Actualmente non hai data de peche da antiga versión.
  • Os usuarios poderán manter as dúas contas de Refworks simultáneamente, xa que ambas versións non están conectadas, son contas independentes con diferentes accesos.
  • As referencias da conta antiga poderanse mover á nova a través da opción “Importar Referencias” da nova versión.
Accesos:

Antiga versión:                                                                       Nova versión:

                refworks_antiguo     refworks_nuevo
Como acceder ao novo Refworks:

Ao igual que na antiga versión, para poder usar o novo RefWorks é necesario ser membro da Universidade da Coruña e ter unha conta individual rexistrándose como usuario co correo electrónico institucional @udc.es. Dito rexistro realizarase a través do seguinte enderezo web: https://refworks.proquest.com/
Importante: a primeira vez que creemos unha conta en RefWorks debemos estar conectados á rede da Universidade da Coruña. Unha vez rexistrados, poderase utilizar dende calquera ordenador conectado a Internet.

Proquest ofrece varias guías de uso do novo Refworks, que detallan as principais funcionalidades do xestor, así como instruccións para a transición á nova versión. Pódense consultar nesta ligazón.

 

Información sobre a versión antiga na siguiente ligazón da web.