Curso da Biblioteca Universitaria para alumnado de doutoramento

I edición do curso "Como buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento"

O Servizo de Biblioteca Universitaria e as bibliotecas dos centros imparten o curso "Como buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento", en colaboración co CUFIE.
Trátase dun curso semipresencial de 12 horas: 6 horas teóricas en liña a través da plataforma Moodle (do 3 ao 20 de abril de 2018) e 6 horas de prácticas en obradoiros presenciais nas bibliotecas dos centros (do 23 de abril ao 31 de maio de 2018, acordándose a data coa biblioteca de cada centro).


Máis información na ficha do curso

Inscrición do 12 ao 18 de marzo na web do CUFIE