Curso da Biblioteca Universitaria para alumnado de doutoramento

I edición do curso "Como buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento"

O Servizo de Biblioteca Universitaria e as bibliotecas dos centros imparten o curso "Como buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento", en colaboración co CUFIE.
Trátase dun curso semipresencial de 12 horas: 6 horas teóricas en liña a través da plataforma Moodle (do 3 ao 20 de abril de 2018) e 6 horas de prácticas en obradoiros presenciais nas bibliotecas dos centros (do 23 de abril ao 31 de maio de 2018, acordándose a data coa biblioteca de cada centro).


Máis información na ficha do curso

Inscrición do 12 ao 18 de marzo no seguinte formulario de preinscrición da web do CUFIE (o formulario permanecerá aberto dende as 10:00 horas do primeiro día de prazo ata as 14:00 do último)