Teses

A tese de doutoramento é un dos culmens na carreira académica do estudante, investigador ou profesor. Unhas obras que cada vez adquiren unha maior visibilidade e que por tanto acompañarán á imaxe do seu autor así como á da súa institución no futuro. Dende esta páxina tratamos de poñer o noso grao de area para facilitar e apoiar aos seus creadores.

Onde atopar as teses leídas na nosa Escola

Todas as teses leídas na Escola pódense buscar a través do Catálogo da Biblioteca. A súa consulta posterior dependerá se a tese consérvase en formato papel ou tamén existe acceso á versión electrónica.

Teses no Catálogo pertencentes ao Departamento de Composición.

Teses no Catálogo pertencentes ao Departamento de Construcións Arquitectónicas.

Teses no Catálogo pertencentes ao Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo.

Teses no Catálogo pertencentes ao Departamento de Representación e Teoría Arquitectónica.

Teses no Catálogo pertencentes ao Departamento de Tecnoloxía da Construción.

Teses en formato electrónico

Grazas ao Real Decreto 99/2011 que obriga ao autor da tese a súa publicación en aberto, todas as teses leídas con data posterior ao 28 de Xaneiro de 2011 son accesibles a texto completo na rede. Dende o RUC (Repositorio da Universidade da Coruña) podedes consultar estes traballos libremente, aínda que tamén podedes acceder ao documento dende o propio rexistro do Catálogo premendo no enlace "Acceder ao Texto completo".

Teses en papel

De todas as teses leídas na Escola consérvase unha copia en papel na Biblioteca, normalmente na Biblioteca Central (Edificio Xoana Capdevielle, Campus de Elviña). Estas obras son de consulta en sala polo que non se poden levar en préstamo.

Como atopar teses leídas noutras Universidades. España.

As teses non publicadas son traballos que tradicionalmente, e debido a problemas co copyright, presentan poucas posibilidades de acceso. De feito, non se permite ningunha modalidade de préstamo (nin siquer o préstamo interbibliotecario), polo que para o acceso a maior parte das teses anteriores a 2011 e obrigado o desprazamento físico á universidade de orixe. Por suposto, e como xa dixemos, as teses leídas a partir do ano 2011 ofrecen todas acceso libre a través da Internet.

Teseo é unha base de datos referencial elaborada polo Ministerio de Edudación que permite consultar todas as teses leídas nas Universidades españolas dende 1976.

Vantaxes: é un recurso único, xa que ningunha outra base de datos ten a súa exhaustividade.

Desvantaxes: non ofrece acceso ao texto completo aínda que a tese sexa accesible na rede.

Truco: utilizade a busca avanzada e realizade a consulta por palabra clave sobre o campo combinado "Título/Resumen".

Para a consulta das teses españolas con acceso electrónico ao texto completo recomendamos principalmente dous recursos (aínda que tamén se pode acceder a estes traballos a través de Google Académico, este buscador non permite filtrar os resultados por tipoloxía documental):

Recolecta. É un agregador nacional de perfil puramente académico e que recolle todos os contidos almacenados nos distintos repositorios institucionais das universidades españolas mailo CSIC.

Vantaxes: cubre todo o ámbito investigador español (ao menos os de carácter público).

Truco: unha vez realizada a busca, na páxina de resultados, pódense filtrar estes únicamente ás teses. Para iso, premede no botón da esquerda da pantalla "Tipo de documento". Na lista emerxente premer en "tesis" e pechar a caixa. Premer de novo en "buscar".

Dialnet Teses. Permite a busca conxunta nas teses a texto completo de 46 universidades públicas españolas. Entre elas e aparentemente, todas aquelas incluidas no proxecto TDR (ou TDX, Tesis Doctorales en Red).

Vantaxes: moitos alumnos xa coñecedes Dialnet e estades habituados a súa interface.

Desvantaxes: probablemente non indexe tantas teses coma Recolecta. De feito, Recolecta indexa Dialnet, polo que todos os contidos desta podense atopar  en aquel.

Como atopar teses leídas noutras Universidades. Internacional.

Aínda que non existe ningunha ferramenta perfecta na que poder facer unha busca conxunta contra todas as teses que se van lendo nas distintas universidades do mundo, existen algunhas bases de datos de grande interese que pasamos a citar.

Bases de datos referenciais

Proquest Dissertations & Theses. Base de datos subscrita pola Universidade (para acceder a ela debedes facelo ben dende a propia UDC ou através da autenticación institucional). Aínda que se publicita coma unha base de datos de teses de carácter internacional só presenta un contido exhaustivo para as teses leídas en universidades de EEUU e Canadá. A indexación das teses doutros países é moi irregular. Por exemplo, a día 06 de novembro de 2014 indexaba 99.649 teses procedentes de universidades alemanas, 48.027 francesas ou 11.813 españolas. En cambio, só do estado de Nova York indexaba máis de 220.000 teses.

Vantaxes: a base de datos contén todas as teses leídas en EEUU e Canadá. Cubre un período moi longo, podendo atopar teses dende 1743. Arredor de 3 millóns de rexistros. Para boa parte das teses leídas despois de 1980 pódese consultar as primeiras 24 páxinas. Permite a compra da tese completa en formato electrónico.

Desvantaxes: é unha base referencial, polo que non poderedes consultar o texto completo das teses do voso interese de forma gratuita.

Bases de datos a texto completo

DART Europe. Proxecto europeo que permite a consulta a texto completo de máis de 555.000 teses.

NDLTD. Proxecto a nivel mundial que permite a consulta a texto completo de máis de 3 millóns de teses.

Documentos de axuda para a elaboración da Tese

Esta sección a bo seguro irá crecendo co tempo. Polo momento recomendamos a consulta das seguintes obras:

 Portada do libro Cómo escribir y publicar una tesis doctoral

Cómo escribir y publicar una tesis doctoral .
Autores: Jaime Rivera-Camino
Signatura: DOC 334 (Casa do Patín)
Enlace ao catálogo: http://kmelot.biblioteca.udc.es/record=b1516893~S1*gag

 Portada do libro How to write a better thesis

How to write a better Thesis .
Autores: David Evans, Paul Gruba and Justin Zobel.
Signatura: R001 EVA
Enlace ao catálogo: http://kmelot.biblioteca.udc.es/record=b1480643~S1*gag

  Portada do libro Como obtener un doctorado

Cómo obtener un doctorado .
Autores: Estelle M. Phillips, Dereck S. Pugh
Signatura: RC 6
Enlace ao catálogo: http://kmelot.biblioteca.udc.es/record=b1243354~S1*gag

 

  Portada do libro Como se hace una tesis

Cómo se hace una tesis .
Autores: Umberto Eco.
Signatura: RC 11
Enlace ao catálogo: http://kmelot.biblioteca.udc.es/record=b1246091~S6*gag

 

Portada do libro Cómo escribir sobre arte y arquitectura

Cómo escribir sobre arte y arquitectura.
Autoría: Juan Antonio Ramírez.
Signatura: RC 18
Enlace ao catálogo: http://kmelot.biblioteca.udc.es/record=b1104551~S1*gag

 Portada do libro Ways to Study and research

Ways to study and research: urban, architectural and technical design.
Autoría: T.M. de Jong et al.
Signatura: RC 53
Enlace ao catálogo: http://kmelot.biblioteca.udc.es/record=b1505026~S6*gag

 

 Portada de Presentaciones inteligentes 100

Presentaciones inteligentes 100.
Autoría: Susan M. Weinschenk.
Signatura: RC 40
Enlace ao catálogo: http://kmelot.biblioteca.udc.es/record=b1489440~S1*gag

 

Portada del libro Aprender a hablar en público hoy

Aprender a hablar en público hoy.
Autoría: Juan Antonio Vallejo-Nágera.
Signatura: RC 16
Enlace ao catálogo: http://kmelot.biblioteca.udc.es/record=b1434044~S1*gag

Algunhas teses da nosa Escola

Imaxe da tese de Pablo Costa

Pablo Costa Buján. Evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela 1778-1950.

 

Imaxe da tese de Fernando Fraga

Fernando Fraga López. La captación de la imagen en la pintura de Caravaggio.

Imaxe da tese de Alberta Lorenzo Aspres

Alberta Lorenzo Aspres. Intervencións no patrimonio galego para a industria hosteleira.

Imaxe da tese de Gilberto

Gilberto Duarte Carlos. O legado morfológico da arquitectura vernácula : contributo para o estudo de uma identidade arquitectónica no noroeste peninsular.

 

Enlaces  a bases de datos de teses

Imaxe do buscador científico RecolectaImaxe da base de datos TeseoImaxe da base de datos Dialnet TesesImaxe da base de datos Proquest Dissertation & ThesesImaxe da base de datos de teses Dart EuropeImaxe da base de datos de teses NDLTD