Ciclo de Conferencias En Código Aberto

Coa participación do director da Federación de Asociacións de Medicusmundi España

encodigoaberto
A Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social organiza o próximo 26 de abril a segunda sesión do Ciclo de Conferencias En Código Aberto do curso 2017/2018, que nesta ocasión contará co director da Federación de Asociacións de Medicusmundi España, Félix Fuentenebro.

Baixo o título Medicusmundi e a empresa: 55 anos de relación o tamén coordinador do informe A saúde na cooperación ao desenvolvemento e a axuda humanitaria abordará a concepción da empresa por parte de Medicusmundi desde o punto de vista da Responsabilidade Social Corporativa.

A conferencia terá lugar ás 13.00 horas no salón de graos da Facultade de Economía e Empresa. Os interesados deberán confirmar a súa asistencia antes do próximo 25 de abril en www.catedrainditexudc.org.

Máis información a través do teléfono 981 167 000 ext. 4407.