Laboralia 2018: Future Jobs Tools

Presente e futuro das novas tecnoloxías para o emprego

Laboralia2018

Laboralia Future Jobs Tools 2018 é un programa de formación e un foro de reflexión dirixido a estudantes, titulados universitarios, familias e profesionais da educación interesados en comprender as novas tendencias do mercado laboral marcadas polo progreso tecnolóxico e dixital da sociedade.

O programa consta de catro obradoiros e unha xornada plenaria, que Terán lugar entre os días 9 e 13 de abril de 2018 na Sede de Afundación na Coruña, contando coa participación de profesionais en exercicio vinculados a sectores industriais altamente dixitalizados.

Máis información e inscrición gratuíta ata completar aforo en laboraliaudc.com