UDCiencia 2017

Xornada de obradoiros científicos e tecnolóxicos

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña (UDCC-UDC), en colaboración coa Deputación da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses, organiza UDCiencia 2017, unha xornada de obradoiros científicos e tecnolóxicos para descubrir e aprender ciencia participando en diversos experimentos e xogos, e que contará coas explicacións de profesorado, persoal investigador e alumnado de graos e mestrados da UDC sobre:

  • A vida do rei centolo
  • Máis que plumas!
  • Que tes na túa boca?
  • As plantas teñen nariz!
  • O sabor do mar
  • Moscas por un tubo!
  • Mutantes
  • CSI-Coruña
  • Meteolab
  • Explorando baterías
  • Plantas á caza!

Os obradoiros estarán acompañados dunha exposición de pósteres innovadores e fotografías científicas elaborados por estudantes da nosa Universidade.

As actividades de UDCiencia 2017 desenvolveranse o sábado 16 de decembro na Domus, de 11.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 19.00 h.

A xornada está aberta ao público en xeral. Para participar só é necesario adquirir a entrada ao museo, xa que as actividades non teñen custo adicional.

 

logos