VIII Reunión Galega de Mozos Investigadores no Estranxeiro

International Young Investigator Meeting 2017

Desde o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) en colaboración coa Universidade da Coruña e o MUNCYT Coruña organizamos a VIII Reunión Galega de Mozos Investigadores no Estranxeiro.

O noso propósito é abrir unha vía de intercambio e contacto con investigadores galegos que actualmente están traballando en centros de investigación no estranxeiro, co fin de coñecer o seu traballo e posibilitar futuras colaboracións. Do mesmo xeito que en anos anteriores, a xornada inclúe diversas áreas de coñecemento. Culminaremos as sesións científicas cunha mesa de discusión sobre a carreira investigadora e a xestión e financiamento da investigación.

A reunión celebrarase o próximo 28 de decembro ás 10.00h no auditorio do MUNCYT Coruña.

Esta actividade enmárcase dentro do "VI programa de innovación educativa da facultade de ciencias da saúde da UDC", e ademais a UDC a través do "Programa de Apoio á ciencia excelente (Berce)" concederá dous premios:

  • Un premio de 300 Euros á mellor traxectoria profesional (investigador menor de 40 anos)
  • Un premio de 250 Euros á mellor presentación oral.

Todos os interesados en participar escribir a: ma.dolores.mayan.santos@sergas.es, enviando o voso CV, título da charla e un resumo breve do voso traballo antes do 12 de decembro.

Máis información: