Como facer unha tese de doutoramento en Arquitectura

Xornada na ETSA

tese

Dentro do programa "Axudas para o financiamento de programas de doutoramento 2017", o Programa de Doutoramento en Arquitectura e Urbanismo organizou unha xornada co título Como facer unha tese de doutoramento en Arquitectura

A xornada celebrarase o 30 de novembro de 2017 a partir das 10:00 h no salón de graos da ETSA.

Os relatores son os doutores:

  • Débora Domingo Calabuig do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da Universitat Politècnica de Valencia que analizará as teses das áreas de proxectos e composición
  • Paulo Cruz do Departamento de Enxeñaría Estrutural da Escola de Arquitectura Universidade de Minho (Portugal) que analizará as teses das áreas tecnolóxicas na arquitectura.

O programa da xornada é:

  • 10 h Presentación e relatorio da Dra. Débora Domingo Calabuig
  • 11 h Relatorio do Dr. Paulo Cruz.
  • 12 h Coloquio
  • 13 h Hora prevista de terminación da xornada