Jornada de Divulgación Isabel Zendal

Paraninfo del Rectorado

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, en colaboración coa Excma. Deputación Provincial, conmemora a figura e obra de Isabel Zendal, reitora do Hospital da Caridade da Coruña, quen participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina facéndose cargo de 22 nenos expósitos, portadores da vacina “a flor de pel”. A expedición saíu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803 e considérase a primeira expedición sanitaria internacional da historia.

A xornada realizarase no Paraninfo da Reitoría da UDC o xoves 30/11/2017.

Programa:

12.00 Presentación da Xornada por parte do reitor da UDC, don Julio E. Abalde Alonso; o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, don José M. Sande García; e o deputado provincial don Manuel Muíño Espasandín.

12:15 Representación da peza de teatro Os nenos da variola, a cargo de nenas e nenos do CEIP Labarta Pose de Baio e con base na obra de María Solar do mesmo título.

12.45 Conferencia «Isabel Zendal: moitos nomes, unha muller», impartida por Susana María Ramírez Martín, escritora e profesora da Facultade de Ciencias da Documentación da Universidade Complutense de Madrid (presentada por Ana M. González Tizón, coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural).

13.30 Entrega dos premios da II edición de Expociencia-UDC 2017, convocados en colaboración coa Excma. Deputación Provincial da Coruña. Este concurso ten como obxectivo fomentar a participación dos estudantes de graos e mestrados no ámbito da ciencia e a investigación mediante a elaboración de traballos nas modalidades de pósteres innovadores e fotografía científica.

13.45 Fin do acto coa intervención do coro da Universidade.


logo udc deputacion