UDC móbil

UDC móbil trátase dunha aplicación desenvolvida pola Universidade da Coruña a través do Consorcio Interuniversitario para a Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG): https:www.cixug.es/

A función principal da aplicación é a de proporcionar unha nova canle de comunicación e información para a comunidade universitaria da UDC.

O obxectivo é manter a aplicación en continua evolución, proporcionando novas funcións que permitan unha mellor comunicación e colaboración coa comunidade universitaria.

Dispoñible en:

app_store google_play