Encontro con Els Joglars na Normal

17 de febreiro de 2017

Aproveitando a súa xira para representar Zenit. La realidad a su medida, que inclúe unha actuación na Coruña, a compañía Els Joglars manterá o venres 17 de febreiro, ás 20:00 horas, un encontro aberto ao público na sala Cubo de NORMAL (Paseo de Ronda 47).

Os actores e actrices da compañía catalana ofrecerán unha charla arredor da súa dilatada traxectoria nas táboas, nun acto con entrada libre até completar a capacidade da sala.

Els Joglars actuarán no Teatro Colón da Coruña o domingo 19 de febreiro ás 20:30 horas. Con Zenit pretenden, a través da sátira, reflexionar sobre a responsabilidade, tanto dos medios como de quen os consume, na deriva que leva tomado certo xornalismo, lembrando que o xornalismo é un oficio imprescindible para a democracia.

Os actores e actrices que participarán no acto son Ramón Fontserè, Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Xevi Vilà e Juan Pablo Mazorra.

Máis información


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal